Plans e memorias de sostibilidade

Axudámosche a xerar riqueza e benestar a través dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que máis incidan na túa actividade, detectando oportunidades de crecer en competitividade e impacto positivo na túa contorna.

Percorremos este camiño acompañando a empresas, terceiro sector e administracións públicas, deseñando plans de localización e implementación dos ODS como ferramenta de desenvolvemento da comunidade,  apoiándonos no talento das persoas e os recursos do territorio. Comezamos polo diagnóstico, deseñamos a estratexia e o plan de acción, e finalmente medimos e validamos os resultados para a mellora continua. Unha ferramenta esencial do Plan de Sostibilidade é a Memoria, que visibilizará ante o teu público obxectivo todo o teu comportamento en materia ambiental, social, ética e de goberno corporativo.