Ofrecemos
TraballamosContigo
Colaboramos coas empresas, administracións, comunidades educativas e entidades non lucrativas, porque as solucións aos grandes retos de hoxe implican a toda a sociedade.
Proxectos centrados nas persoas e no territorio
Analizamos a situación inicial e os retos. Buscamos solucións innovadoras potenciando o talento das persoas e o uso sostible dos recursos do territorio.
Plans e memorias de sostibilidade
Axudámosche a xerar riqueza e benestar a través dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que máis incidan na túa actividade, detectando oportunidades de crecer en competitividade e impacto positivo na túa contorna.
Alianzas público-privadas
Buscas unha causa social para apoiar co teu tempo, recursos ou diñeiro? Axudamos a materializar proxectos de sostibilidade poñendo en contacto a persoas, empresas, administracións e terceiro sector. Estudamos cada iniciativa e buscamos as alianzas máis axeitadas para facela realidade, en coherencia cos valores e obxectivos das partes implicadas.
Formación e obradoiros
Dado que a Educación para o Desenvolvemento Sostible é clave no futuro das persoas e o planeta, desenvolvemos plans de formación sobre os ODS adaptados a cada público: grupos profesionais, administracións locais, tecido asociativo e comunidade educativa.
Empregamos dinámicas lúdicas e participativas que fomenten a identificación cos valores da sostibilidade e impliquen ás persoas como axentes de cambio social, pegados á realidade da súa contorna.
Comunicación e marca
Visibilizamos o impacto das túas accións ante os teus grupos de interese e ante a sociedade. Porque o importante é ser, pero tamén cómpre parecelo. Con honestidade e transparencia.
Creamos marcas sostibles, contidos, proxectos editoriais, campañas de concienciación e foros divulgativos, empregando as canles on e off line máis axeitadas para cada proxecto.